(todos os públicos)
Consiste nunha primeira parte teórica sobre os coñecementos básicos do material e seguridade, para logo saír á rúa e poñer en práctica todo o aprendido.
IDADES: todos os públicos a partir dos 5 anos. Menores de idade deberán inscribirse con algunha persoa adulta acompañante.
DATA: xoves 25 de agosto
HORARIO: 20.00-23.00
LUGAR: Centro Histórico. Saída: praza do Concello
IMPARTE: Aromon Pontevedra- Montañeiros A Roelo
PRAZAS: 200
PRE_INSCRICIÓN: a través dos formularios on line a partir do 8 de xuño. Tras a fase de pre-inscrición avisarase ás persoas admitidas para que formalicen inscrición.
INSCRICIÓN das persoas admitidas coa entrega da seguinte documentación:
- Consentimento informado
- Autorización
- Copia DNI da persoa participante
ACTIVIDADES DE BALDE: practicamente todas as actividades son GRATUITAS polo que pedimos o voso compromiso coa asistencia.
AVISOS : no caso de non se cubriren as prazas, optarán persoas doutros concellos (preferencia concellos limítrofes) polo que realiza igualmente a túa pre-inscrición.
INFORMACIÓN E SOLICITUDES:
Oficina Municipal de Xuventude do Concello de Pontevedra
ATENCIÓN PRESENCIAL CON CITA PREVIA: de luns a venres de 9.00 a 14.00
Casa da Luz, pza da Verdura, s/n, tel. 986 840367 xuventude@pontevedra.gal