Xogos na rúa

Xogos Na Rúa convida a nenos e nenas e maiores (ás familias) a ocupar rúas e prazas da cidade co fin de converter o espazo público nun punto de encontro lúdico e  inter-xeracional no que compartir xogos, risas e diversión; tecer lazos de amizade, empatía e solidariedade entre a veciñanza e construír barrio.

É un proxecto promovido pola Concellería de Promoción da Cidade, no marco da estratexia Efecto PO, e guiado porvalores como a igualdade, a empatía, a solidariedade, o respecto ás persoas e ao medio ambiente.

OBXECTIVOS

  • Animar á ocupación do espazo público, organizado en Pontevedra para uso, servizo e goce de todas as persoas.
  • Ver, sentir e vivir a cidade como a extensión do fogar, un espazo seguro, amable, acolledor e igualitario.
  • Crear comunidade.
  • Crear conciencia de que o uso e ocupación do espazo público é un dereito pero tamén que o seu coidado, posta en valor e preservación é responsabilidade de todas e todos.

PRAZAS LIMITADAS, solicita a túa praza!

Datas: de novembro a decembro 
Horario: de 11 a 13 h. ou de 17 a 19 h.

Actividades

Xogos de outono. Domingo, 13 de novembro, de 11.00 a 13.00 horas. Xogos tradicionais e colaborativos. En Monte Porreiro, Pontevedra Leste e Campolongo.

Na procura do tesouro. Sábado, 26 de novembro. De 17.00 a 19.00 horas. Coa axuda dun mapa, pistas e probas espalladas polo barrio, os equipos deben atopar o tesouro. Na Moureira

Xincana inter-barrios. Domingo, 11 de decembro, de 11.00 a 13.00 horas. Xogo familiar de superación de probas nun barrio que non é o seu. Campolongo xogará no Gorgullón; Pontevedra Leste en Valdecorvos, Valdecorvos en Campolongo e Gorgullón en Pontevedra Leste. 

Escape barrio. Martes, 27 de decembro, de 17.00 a 19.00 horas. Probas de habilidade para saber algo máis do lugar onde viven. No Burgo-Zona Monumental

Solicitude de participación

"*" indica os campos obrigatorios

Responsable da familia participante*
Nome e idade dos xogadores/as titulares*
Nome completo
Idade
 
Barrio*
Indica o barrio no que vas participar
Autorización*
Dou o meu consentemento para a grabación de imaxes de vídeo e a toma de fotografías nas que aparezan os arriba citados, durante o transcurso da actividade. Estas imaxes serán utilizadas para a difusión da actividade e poderán ser cedidas a medios de comunicación expresamente autorizados co único fin de dar a coñecer dita actividade.
Política de Privacidade*
AVISO IMPORTANTE
Esta é unha solicitude de participación. Porémonos en contacto con vostede para confirmar a súa reserva.
Este campo es un campo de validación y debe quedar sin cambios.