XINKANA DE ORIENTACIÓN NOCTURNA (a partir 15 anos)

Xinkana de orientación (percorrido en orde localizando balizas nun mapa específico de Orientación) que se fará en pequenos grupos. No percorrido atoparán algunha proba de coñecementos culturais/ambientais/de igualdade, etc , ademais dalgunha proba de destreza mental ou física.

A QUEN VAI DIRIXIDO: preferentemente á mocidade do municipio de Pontevedra. No caso de non se cubriren as prazas, optarán persoas doutros concellos (terán preferencia os concellos limítrofes) e doutras idades a través das correspondentes listaxes de agarda.

IDADES: a partir dos 15 anos

DATA:  30 xullo

HORARIO:  22:00 – 24:00

LUGAR: Illa das Esculturas e campus universitario 

PRAZAS: 100 máximo

IMPARTE:  Xesta Natureza

PRE-INSCRICIÓN: a través dos formularios on line a partir do 15 de xuño. Tras a fase de pre-inscrición avisarase ás persoas admitidas para que formalicen inscrición.

INSCRICIÓN:  das persoas admitidas coa entrega da seguinte documentación: 

– Consentimento informado, autorización e copia DNI da persoa participante

CRITERIOS DE ASIGNACIÓN DE PRAZA: non primará a orde de solicitude, a organización procurará, na medida do posible, que cada neno ou nena, mozo ou moza, cando menos participe nalgunha das actividades que solicitou. De chegar o caso, e como último recurso, realizarase un sorteo.

ACTIVIDADES DE BALDE: todas as actividades son GRATUITAS polo que  pedimos o voso compromiso coa asistencia.

AVISO IMPORTANTE PARA TODAS AS ACTIVIDADES:  programación suxeita á evolución da situación sanitaria. As actividades poderán sufrir modificacións, así como incluso a súa cancelación.  

INFORMACIÓN E SOLICITUDES:

Oficina Municipal de Xuventude do Concello de Pontevedra

ATENCIÓN PRESENCIAL CON CITA PREVIA: de luns a venres de 9:00 a 14:00 

Casa da Luz, pza da Verdura, s/n, tel. 986 840367 xuventude@pontevedra.gal  

https://xuventude.pontevedra.gal 

https://apuntate.pontevedra.gal/xuventude

  • Datos persoais

  • Nados entre 2007-1990 inclusive
    A Oficina de Xuventude comprobará que a persoa participante está inscrita no Padrón de habitantes do Concello de Pontevedra
  • Aviso importante
    Unha vez enviado o formulario, recibirás un correo de confirmación.
    Se non recibes confirmación comproba a carpeta de spam ou chámanos ao número 986 840367 ou a xuventude@pontevedra.gal