Xeración Sónica é unha iniciativa de titorización de proxectos artísticos musicais e audiovisuais, impulsada pola Concellaría de Xuventude e que ten un carácter educativo, cultural e artístico, empregando a música como elemento de cohesión social e de inclusión.
Mozas e mozos aprenderán a organizar as súas ideas e a crear en grupo para amosar as súas propostas artísticas á comunidade da que forman parte. Ao remate do curso terá lugar a gravación dun disco e dunha serie de vídeos e concertos como resultado do proceso creativo.
Abrimos un novo curso de Xeración Sónica con maior número de prazas (30) e o número de proxectos artísticos a titorizar en 6 equipos de traballo.
IDADES: entre os 13 e 16 anos
LUGAR: Local de Música
HORARIO: varios horarios de tarde
DATAS: os xoves, desde o 7 novembro de 2024 ata xuño de 2025
PRAZAS: 30
SOLICITUDES: ata o 20 de outubro de 2024
Solicitude de participación
Xeración Sónica – Solicitude curso 2024/2025
Este é un formulario de solicitude que se abre ata o 20 de outubro ou ata acadar o número máximo de entradas (60). Posteriormente terá lugar a selección de participantes para o Xeración Sónica para este curso, polo que se contactará coas persoas seleccionadas para que formalicen a inscrición definitiva na Oficina de Xuventude.