Visitas guiadas “Os traxes dunha vida”

Banner visitas Os traxes dunha vida


Destinadas a público familiar ou adulto

Datas dispoñibles: TÓDOLOS SÁBADOS ENTRE O 23 DE SETEMBRO E O 07 DE NOVEMBRO
Hora de inicio: 12.00 h. e ás 13h.
Duración aproximada:
50 minutos.

Os Traxes dunha vida propón unha viaxe pola memoria etnográfica de Galicia a través das prendas que acompañaron a vida de dúas mulleres galegas de distinta condición social a finais do século XIX e comezos do XX. Unha delas nace nunha aldea da montaña e a outra nunha próspera vila costeira. Son dous percorridos vitais diferentes que nos permiten achegarnos á Galicia da época a base de la e liño.

A Asociación Etnográfica Sete Espadelas presenta a maior mostra realizada en Galicia arredor da etnografía e da indumentaria tradicional. Cen manequíns e máis de 1.000 pezas, orixinais ou reproducidas a partir de modelos da época, constrúen un percorrido pola vida cotiá, os ritos, os traballos, as celebracións e os modos de vestir dunha Galicia xa desaparecida, pero aínda presente na nosa memoria. Porque a roupa tamén conta quen fomos.

Solicitude de participación

"*" Indica os campos obrigatorios

Este campo es un campo de validación y debe quedar sin cambios.
Nome e apelidos*
Autorización*
Dou o meu consentimento para a gravación de imaxes de vídeo e a toma de fotografías nas que aparezan os arriba citados, durante o transcurso da actividade. Estas imaxes serán utilizadas para a difusión da actividade e poderán ser cedidas a medios de comunicación expresamente autorizados co único fin de dar a coñecer dita actividade.
Política de Privacidade*

Responsable: SERVIZO DE INFRAESTRUTURAS CULTURAIS DE PONTEVEDRA
Finalidade: Asistencia ós obradoiros, que promove o Concello de Pontevedra.
Dereitos: Acceso, rectificación, limitación do tratamento, supresión, portabilidade e oposición/revogación e a presentar reclamación ante as autoridades de control, así como outros dereitos, a través de https://apuntate.pontevedra.gal.

Igualmente e de acordo co que establece a Lei 1/1982, de 5 de maio, sobre o dereito ao honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, solicitamos o seu consentimiento explícito para utilizar as imaxes captadas mediante fotografías e/ou vídeos realizados pola nosa entidade, coa finalidade de utilizalas para difundir os obradoiros no Pazo da Cultura a través das redes sociais do Concello de Pontevedra.