cabeceira Apuntate, cor branco

Visitas guiadas a ‘SIMBIOSE’

Banner VISITAS O MULTIPLE QUE OCUPA O ESPAZO

Pazo da Culturade Pontevedra

Visitas para público xeral, adulto e familiar.
Duración aprox.: 1 h.
Prazas limitadas

Datas:

  • xoves 16 de maio – 18:30h.
  • domingo 19 de maio – 12h.
  • domingo 26 de maio – 12h.
  • xoves 30 de maio – 18:30h.
  • domingo 2 de xuño – 12h.
  • domingo 9 de xuño – 12h.
  • xoves 13 de xuño – 18:30h.
  • domingo 16 de xuño – 12h.
  • sábado 22 de xuño – 12h.
  • xoves 27 de xuño – 18:30h.
  • domingo 30 de xuño – 12h.

NOTA: Está é unha petición de visita. No caso de admitirse, porémonos en contacto con vostede para confirmar a súa reserva.

Na proposta expositiva _Simbiose, mergullámonos no universo da gráfica de campo expandido onde, os artistas seleccionados ocupan con distintos tipos de obras o espazo da sala, traballando desde a multiplexación, desde a repetición, a transformación e a idea de matriz xeradora de orixinais múltiples. Aquí, a repetición non só implica a reprodución, senón tamén a produción e a transformación continua que coloniza o espazo da instalación. En _Simbiose esta complexidade do múltiple que habita o espazo instalativo, móstranos visualmente, entre outras apreciacións, o concepto de serie como algo vivo, mutante, global, onde a idea de edición e o número entrelázanse coa vida para crear unha rede de posibilidades infinitas. Unha formulación expositiva que pretende ilustrar o modelo de complexidade sistémica da sociedade actual, o cal pode relacionarse coa arte desde os modelos temporais que expón a física cuántica, desde as dinámicas fractais naturais autoxenerativas ou desde a influencia das novas tecnoloxías na sociedade da información e a comunicación en rede contemporáneas.

Dentro deste espazo do posible, en _Simbiose tamén se explora a noción de pegada tanto na súa forma física ou dixital como conceptual. Observamos como a matriz física deixa unha marca tanxible, mentres que a matriz dixital desprégase nun reino intanxible pero igualmente influente. Os contrarios, como o positivo e o negativo, coexisten e compleméntanse, xerando unha transmisión de semellanzas inversas que amplían as fronteiras do concibible como orixinal múltiple. Neste contexto, xorden conceptos como o dobre investido, o dobre desdobrado e a imaxe especular, mutacións de manifestacións da multiplicación e que nos convidan, a través de determinádeas obras, á reflexión.

Solicitude de participación

"*" indica os campos obrigatorios

Nome e apelidos*
Nome dos acompañantes
Autorización*
Dou o meu consentimento para a gravación de imaxes de vídeo e a toma de fotografías nas que aparezan os arriba citados, durante o transcurso da actividade. Estas imaxes serán utilizadas para a difusión da actividade e poderán ser cedidas a medios de comunicación expresamente autorizados co único fin de dar a coñecer dita actividade.
Política de Privacidade*

Responsable: SERVIZO DE INFRAESTRUTURAS CULTURAIS DE PONTEVEDRA
Finalidade: Asistencia ós obradoiros, que promove o Concello de Pontevedra.
Dereitos: Acceso, rectificación, limitación do tratamento, supresión, portabilidade e oposición/revogación e a presentar reclamación ante as autoridades de control, así como outros dereitos, a través de https://apuntate.pontevedra.gal.

Igualmente e de acordo co que establece a Lei 1/1982, de 5 de maio, sobre o dereito ao honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, solicitamos o seu consentimiento explícito para utilizar as imaxes captadas mediante fotografías e/ou vídeos realizados pola nosa entidade, coa finalidade de utilizalas para difundir os obradoiros no Pazo da Cultura a través das redes sociais do Concello de Pontevedra.

AVISO IMPORTANTE
Esta é unha solicitude de participación. Porémonos en contacto con vostede para confirmar a súa reserva.
Este campo es un campo de validación y debe quedar sin cambios.