![Banner Fuxan os ventos](https://apuntate.pontevedra.gal/wp-content/uploads/2024/10/Banner-Fuxan-os-ventos-708x468-1.jpg)
Fuxan os Ventos é un grupo fundamental na historia da música galega. En outubro de 2022 cumpríronse 50 anos do seu nacemento, daquela primeira actuación no III certame das San Lucas de Mondoñedo onde gañaron coa canción “Fuxan os Ventos” e comenzaron toda unha vida de música e compromiso.
O interese desta mostra radica en que é a propia memoria de Fuxan, dos seus integrantes e de todos os seus arquivos, os que dan conta deste longo, traballo e valor para a historia cultural e artística de Galiza. Ademais, o equipo de traballo da exposición realizou tamén un labor de conservación da memoria do grupo (mediante entrevistas aos membros) para preguntarnos, dende a mirada do presente, por un proceso creativo que atravesa décadas e cambios diversos.
Cómpre destacar a riqueza e a relevancia do arquivo por toda a diversidade de formatos: instrumentos, vídeos, cancións, fotografías, permisos, contratos discográficos, partituras e letras das cancións, arquivo de prensa, carteis de actuacións, vinilos, casetes, cds, axendas persoais, traballo de recollidas da música tradicional.
Público: Adulto
Lugar: Sala de Exposicións do Pazo da Cultura
Data: sábado 26 de outubro
Hora: 18.00h.
Duración aproximada: 1.30h.
Prazas: 20
Solicitude de participación
Formulario de inscripción pechado.