Composicións naturais sobre cinta transparente
Neste taller abriremos unha ventá máxica á natureza. Usaremos un marco de madeira con cinta adhesiva para atrapar as cores, formas e texturas do entorno natural.
Recolleremos follas, flores, ramiñas e outras pequenas achegas para pegalos sobre o celo e crearemos composicións cheas de cor de texturas.
Un exercicio artístico, sensorial e contemplativo para aprender a mirar a natureza con ollos curiosos e creativos.
- Data: sábado 14 de xuño
- Lugar: A Tomba
- Punto de encontro: Enlace ao punto de encontro
- Horario: de 11.30 a 13.00 h
- Duración da actividade: 1 hora e media
- Actividade: crianzas de 7 a 10 anos + 1 adulto acompañante (máximo dous cativos por adultos acompañante)
- Idades: adultos e cativada a partir de 7 anos
- Prazas: 20 persoas
- Imparte: Maritza Berttolini e Javier Carrera (Reclamo Estudio)
- Recomendación: levar calzado cómodo de sola rugosa. Lupas e prismáticos opcionais.
- Preinscrición: a través dos formularios online o luns anterior ao desenvolvemento cada actividade por rigorosa orde de chegada. Unha vez enviado o formulario recibirá un correo-e de recepción da preinscrición e, comprobados todos os datos, outro de confirmación de asistencia.
- Actividade gratuíta: prégase compromiso coa asistencia; se finalmente non puidese asistir, agradecemos que avise con antelación para poder ofrecer a praza a outra persoa interesada.