
Flores e benestar… un taller de autocoidado, concibido como unha pausa en medio do ruído. Sentir, ulir, expresar… unha experiencia emocional a través da creatividade.
Guiado por unha psicóloga e unha florista este obradoiro é un xardín sensorial onde cada persoa participante levará o seu propio ramallete.
Data: venres 22 de maio
Lugar: Mercado Municipal de Pontevedra (rúa Serra 5). 1º andar
Horario: De 17.30 a 19.00 h
Duración da actividade: 1 hora e media
Dirixida a: maiores de 18 anos
Prazas: 15 persoas
Imparte: Tendencias Floristas (Adriana Colombo e Silvia Colombo) e Tremelucir (Silvia Bello)
Preinscrición
A través dos formularios online sete días antes do desenvolvemento de cada actividade por rigorosa orde de chegada. Unha vez enviado o formulario recibirá un correo-e de recepción da preinscrición e, comprobados todos os datos, outro de confirmación de asistencia.
Actividade gratuíta: prégase compromiso coa asistencia; se finalmente non puidese asistir, agradecemos que avise con antelación para poder ofrecer a praza a outra persoa interesada.
Formulario de inscrición
Desculpe. Este formulario xa non acepta máis envíos.