Actividades do programa Apego arredor dos seres máxicos da nosa mitoloxía, co Colectivo Xurelo e Ab Origine.
Trátase de sesións de hora e media de duración que constan dunha pequena explicación de carácter antropolóxico, un conto oral, un obradoiro de debuxo guiado e un obradoiro de artesanía, con acompañamento musical de Marcelo Dobode. Desenvólvense os sábados en distintas parroquias e localizacións do concello de Pontevedra.
As xornadas están pensadas e adaptadas para que as familias con crianzas a partir de 3 anos entren en contacto coa antropoloxía da cultura propia dunha maneira interxeracional e lúdica, a través dos seres máxicos que habitan o noso imaxinario mitolóxico, ao tempo que se fomenta o uso da lingua entre as crianzas.
Todas as actividades son de balde, mais cómpre inscribirse previamente porque as prazas son limitadas. Para anular ou modificar a solicitude podes escribir a normalizacionlinguistica@pontevedra.eu.
Se vives no concello de Pontevedra, tes crianzas de 0 a 6 anos (ou vas ter) e aínda non formas parte do programa Apego, visita o web e pide cita para sumarte.
Programa de actividades
SEREAS, HOMES PEIXE E OUTROS SERES MARIÑOS, co Colectivo Xurelo e Ab Origine
Para familias con crianzas a partir de 3 anos
Achegamento en familia ao mundo máxico da nosa mitoloxía cunha sesión centrada nas sereas, os homes peixe e outros seres máxicos mariños. A sesión inclúe: charla explicativa, conto oral, obradoiro de debuxo guiado, obradoiro de artesanía e música en directo.
— De 11.30 h a 13 h no centro social de Lourizán
OS MOUROS, co Colectivo Xurelo e Ab Origine
Para familias con crianzas a partir de 3 anos
Achegamento en familia ao mundo máxico da nosa mitoloxía cunha sesión centrada na figura dos mouros. A sesión inclúe: charla explicativa, conto oral, obradoiro de debuxo guiado, obradoiro de artesanía e música en directo.
— De 11.30 h a 13 h no parque do miradoiro de Monte Porreiro
TRASNOS E TARDOS, co Colectivo Xurelo e Ab Origine
Para familias con crianzas a partir de 3 anos
Achegamento en familia ao mundo máxico da nosa mitoloxía cunha sesión centrada nos trasnos e os tardos. A sesión inclúe: charla explicativa, conto oral, obradoiro de debuxo guiado, obradoiro de artesanía e música en directo.
— De 11.30 h a 13 h no centro social do Gorgullón
SERES MÁXICOS DE PONTEVEDRA:
O URCO, OS TRUBINCOS, O DEMO ASUBIADOR E TEUCRO, co Colectivo Xurelo e Ab Origine
Para familias con crianzas a partir de 3 anos
Achegamento en familia ao mundo máxico da nosa mitoloxía cunha sesión centrada nos seres máxicos da nosa cidade. A sesión inclúe: charla explicativa, conto oral, obradoiro de debuxo guiado, obradoiro de artesanía e música en directo.
— De 11.30 h a 13 h no centro social de San Roque
DRAGÓNS, SERPES E BASILISCOS, co Colectivo Xurelo e Ab Origine
Para familias con crianzas a partir de 3 anos
Achegamento en familia ao mundo máxico da nosa mitoloxía cunha sesión centrada nos dragóns, serpes e basiliscos. A sesión inclúe: charla explicativa, conto oral, obradoiro de debuxo guiado, obradoiro de artesanía e música en directo.
— De 11.30 h a 13 h no Centro Leste
Máis información:
Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra
Teléfono: 986 863 157
normalizacionlinguistica@pontevedra.eu
snl.pontevedra.gal
instagram.com/lingua_pontevedra
facebook.com/apego.gal
apego.gal
Formulario de inscrición
Non se terán en conta as solicitudes que entren despois das 14 h do venres anterior á actividade.
"*" Indica os campos obrigatorios