INFORMÁTICA: SEGURIDADE NA REDE. COMPRAS SEGURAS. OS MEUS DATOS NA NUBE (13-30 anos)

Uso de navegadores, buscadores e recursos web alleos a Google. Navega de xeito seguro e anónimo; descarga e instala. Realiza compras seguras, coñece diferentes posibilidades de compra por internet e aprende a identificar as webs seguras para mercar. Evita anuncios e publicidade. Busca sen rastrexo e protéxete ante virus, Malware… A Nube é o seguinte paso no uso de aplicacións e servizos, xa que funcionan completamente online, sen necesidade de instalar ningún programa ou de precisar un ordenador. Como é a nube, como funciona e as aplicacións e servizos gratuitos máis empregados.

PREFERENCIA: residentes no Concello de Pontevedra

IDADES: 13-30 anos (nacemento entre 2007 e 1990)

DATAS: MA-MÉ -XO do 11 ao 27 de agosto

HORARIO: 12:30-13:30

LUGAR: Pazo da Cultura

PRAZAS: 7

SOLICITUDES: a partir do 26 de xuño (ata cubrir nº máximo de solicitudes) en https://apuntate.pontevedra.gal

Tras cada solicitude, avisarase ás persoas admitidas para que formalicen inscrición coa achega de documentación (consentimento informado e fotocopia DNI participante).

CRITERIOS DE ASIGNACIÓN DE PRAZA: non primará a orde de solicitude, a organización procurará, na medida do posible, que cada neno ou nena, mozo ou moza, cando menos participe nalgunha das actividades que solicitou. De chegar o caso, e como último recurso, realizarase un sorteo.

AVISO IMPORTANTE: programación suxeita á evolución da pandemia COVID-19. As actividades poderán sufrir modificacións así como a súa suspensión debido á situación sanitaria actual.

MÁIS INFORMACIÓN:

Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra (luns a venres de 9 a 14h)

Casa da Luz, pza da Verdura s/n, 1º andar, 986 840367 xuventude@pontevedra.gal

Atención presencial con cita previa.

  • Datos persoais

  • Nados entre 2007-1990 inclusive
    A Oficina de Xuventude comprobará que a persoa participante está inscrita no Padrón de habitantes do Concello de Pontevedra
  • Aviso importante
    Unha vez enviado o formulario, recibirás un correo de confirmación.
    Se non recibes confirmación comproba a carpeta de spam ou chámanos ao número 986 840367 ou a xuventude@pontevedra.gal