ROTEIRO CULTURAL POLO CAMPOSANTO DE SAN AMARO (maiores de 16 anos)

Visita guiada diurna polo cemiterio de San Amaro amosando toda a súa riqueza arquitectónica e histórica. Con0eceremos máis e mellor o seu interior e os segredos agochados nos seus recunchos. Buscaremos símbolos relacionados coa morte, leremos algunha noticia da época, todo para poñer en valor o patrimonio da nosa cidade.

PREFERENCIA: residentes no Concello de Pontevedra

IDADES: 16-30 anos (nacemento entre 1990 e 2004)

DATA: 23 de agosto

HORARIO: 10:00-12:00 a.m.

LUGAR: camposanto de San Amaro

PRAZAS: 12

IMPARTE: historiadora da arte especializada en patrimonio, Carmela Sánchez Arines

SOLICITUDES: https://apuntate.pontevedra.gal

Tras cada solicitude, avisarase ás persoas admitidas para que formalicen inscrición coa achega de documentación (consentimento informado e fotocopia DNI participante).

CRITERIOS DE ASIGNACIÓN DE PRAZA: non primará a orde de solicitude, a organización procurará, na medida do posible, que cada neno ou nena, mozo ou moza, cando menos participe nalgunha das actividades que solicitou. De chegar o caso, e como último recurso, realizarase un sorteo.

AVISO IMPORTANTE: programación suxeita á evolución da pandemia COVID-19. As actividades poderán sufrir modificacións así como a súa suspensión debido á situación sanitaria actual.

MÁIS INFORMACIÓN:

Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra (luns a venres de 9 a 14h)

Casa da Luz, pza da Verdura s/n, 1º andar, 986 840367 xuventude@pontevedra.gal

Atención presencial con cita previa.

  • Datos persoais

  • Nados entre 2004-1990 inclusive
    A Oficina de Xuventude comprobará que a persoa participante está inscrita no Padrón de habitantes do Concello de Pontevedra
  • Aviso importante
    Unha vez enviado o formulario, recibirás un correo de confirmación.
    Se non recibes confirmación comproba a carpeta de spam ou chámanos ao número 986 840367 ou a xuventude@pontevedra.gal