De Pontevedra a Lúa
Rocklab é un programa de formación musical alternativa para nenos e nenas de 4 a 13 anos, promovido pola Concellería de Cultura de Pontevedra e desenvolvido por Artecalavera SL.
O proxecto continúa a consolidarse como un espazo único onde a infancia non só aprende música, senón que crea, experimenta e se expresa a través dela, desenvolvendo as súas propias ideas, historias e formas de entender o mundo.
Nesta edición, “De Pontevedra á Lúa. Un universo de contos”, Rocklab propón unha viaxe imaxinaria na que a música, os relatos e o audiovisual se converten en ferramentas para descubrir diferentes mundos e explorar cuestións próximas á infancia: os soños, as emocións, a identidade, a liberdade, a diversidade e a capacidade de crear xuntos.
A través de seis obradoiros e diferentes propostas musicais, cada grupo construirá o seu propio universo, empregando estilos e linguaxes diversas —desde o rock e o pop ata a música electrónica— e tomando as cancións como punto de partida para crear novas historias, mensaxes e experiencias. A produción de contido orixinal, as gravacións, os vídeos e as creacións escénicas seguirán formando parte esencial do proceso.
O proxecto dá continuidade tamén á súa dimensión comunitaria, reforzando especialmente a colaboración cos CEIPs da cidade de Pontevedra. Nesta edición queremos repetir e consolidar a experiencia desenvolvida anteriormente, que tivo unha excelente resposta, incorporando novamente os centros educativos ao proceso creativo mediante obradoiros de experimentación sonora, creación de instrumentos virtuais, gravación e participación musical.
Rocklab entende así a música como unha ferramenta de formación integral, capaz de favorecer a creatividade, a cooperación, a expresión persoal e o pensamento crítico, ao tempo que crea espazos de encontro entre a infancia, a escola e a comunidade.
Seis obradoiros, diferentes universos, moitas historias e unha mesma viaxe: de Pontevedra á Lúa, para descubrir todo o que podemos crear xuntos.
| LUNS | |||
|---|---|---|---|
| Grupo 1 | 16:00 – 17:00 | 4 – 5 anos | Supernova |
| Grupo 2 | 17:30 – 19:00 | 7- 9 anos | Somos Heroes |
| Grupo 3 | 19:00 – 20:00 | 10 – 11 anos | Contos Eléctricos |
| MÉRCORES | |||
|---|---|---|---|
| Grupo 4 | 16:00 – 17:00 | 5 a 6 anos | Cadetes electrónicos |
| Grupo 5 | 17:30 – 19:00 | 8 -10 anos | Rock Intergaláctico |
| Grupo 6 | 19:00 – 20:00 | 11 en adiante | Banda do Rocklab |
*Os horarios dos grupos 2,4 e 5 poden oscilar aproximadamente 30 minutos en función da demanda.
SUPERNOVA - Grupo 1 - Rapazada de 4 a 5 anos + 1 familiar
Luns de 16:00 a 17:00
Alumnxs de 4 a 5 anos + 1 familiar
A primeira parada da nosa viaxe á Lúa está pensada para os máis pequenos. Un obradoiro de iniciación á creación musical no que experimentaremos coa voz, o ritmo, os instrumentos e o movemento a través de cancións e xogos musicais.
Un espazo para descubrir que facer música tamén é imaxinar, xogar e crear xuntos.
Oasis e The Killers serán os artistas seleccionados para traballar neste curso.
Formulario de rexistro pechado
"*" Indica os campos obrigatorios
SOMOS HEROES - Grupo 2 - Rapazada de 7 a 9 anos
Luns de 17:30 a 19:00
Alumnxs de 7 a 9 anos
Que signifi ca ser un heroe? Neste obradoiro utilizaremos a música, os instrumentos e a creación audiovisual para construír unha historia propia arredor das nosas cancións.
Unha viaxe para descubrir que non fai falta ter superpoderes para ser un heroe: tamén o é quen se atreve a soñar, a axudar aos demais e a ser quen realmente é.
Rescatando ao grandísimo Bowie e a Scissor Sisters os nosos alumnos crearán unha historia que dará moito que cavilar.
Formulario de rexistro pechado
"*" Indica os campos obrigatorios
CONTOS ELÉCTRICOS - Grupo 3 - Rapazada de 10 anos
Lunes de 19:00 a 20:00
Alumnxs de 10 anos
Unha vez máis o alumnado do Rocklab fai un equipo para crear cancións baseándose na obra dos autores homenaxeados deste ano do Salón así como as temáticas asociadas.
Baterías, guitarras e baixos eléctricos, sintes, voces e unha serie de cancións únicas e irrepetibles compostas polos propios alumnos do noso Rocklab!
Formulario de rexistro pechado
"*" Indica os campos obrigatorios
CADETES ELECTRÓNICOS - Grupo 4 - Rapazada de 5 a 6 anos
Mércores de 16:00 a 17:00
Rapazada de 5 a 6 anos
Unha misión especial para pequenos exploradores do son. Sintetizadores, ritmos, sons electrónicos, voz e movemento serán as ferramentas para construír unha viaxe musical cara a outros planetas.
Un obradoiro para experimentar, bailar, crear e descubrir as posibilidades da música electrónica ao estilo de new order.
Formulario de rexistro pechado
"*" Indica os campos obrigatorios
ROCK INTERGALÁCTICO - Grupo 5 - Rapazada de 9 a 10 anos
Mércores de 17:30 a 19:00
Rapazada de 9 a 10 anos
Que pasa cando as emocións viaxan polo espazo? Neste obradoiro exploraremos a relación entre música, movemento e imaxe para crear unha historia propia chea de sons, personaxes e emocións.
Unha aventura musical para falar de amizade, relacións, expresión e liberdade, utilizando a linguaxe da música e do videoclip.
Unha viaxe a través dos grandes hits de rock amoroso dos 80 e 90 da man de Journey ou The Outfi eld.
Formulario de rexistro pechado
"*" Indica os campos obrigatorios
BANDA DO ROCKLAB - Grupo 6 - Rapazada de 11 a 13 anos
Mércores de 19:00 a 20:00
Rapazada de 11 a 13 anos
Un ano máis, a banda do Rocklab estará conformada polos máis maiores, que serán os encargados de compoñer cancións orixinais con temática social convidándonos a deternos e repensar moitos dos desafíos da época na que vivimos.
Formulario de rexistro pechado
"*" Indica os campos obrigatorios