
Concurso de “Promoción de Novos Talentos da Cociña Atlántica” no mercado de Abastos de Pontevedra.
A actividade desenvolverase a través de catro microeventos gastronómicos (5, 12 e 19 e 26 de febreiro), que culminarán nun foro final os días 5 e 6 de marzo, onde se reunirán novos talentos emerxentes da cociña galega.
Está dirixida a novos cociñeiros e cociñeiras menores de 30 anos, estudantes de escolas de hostalería, emprendedores do ámbito gastronómico e profesionais en formación que desexen dar a coñecer o seu talento, a través de demostracións prácticas.
A selección basearase en criterios de creatividade, técnica, sustentabilidade, orixinalidade da proposta e coherencia cos valores da cociña atlántica.
Formulario de Inscrición
"*" Indica os campos obrigatorios