
Para a supervivencia, os seres humanos tiveron que aprender a utilizar os recursos que lles ofrecía a natureza. O coñecemento adquirido e transmitido a través de xeracións dos usos e propiedades das plantas permitiu o desenvolvemento e a mellora da calidade de vida.
Esta actividade propón un retorno á natureza en canto a aprender a recoñecer e usar as plantas da nosa contorna. Un reto que é saúde. Descubriremos, da man dun especialista, os recursos do noso monte aprendendo a recoñecer e usar algunhas das plantas silvestres alimenticias e medicinais máis comúns da nosa contorna.
Data: domingo 14 de xuño
Lugar: A Fracha
Punto de encontro: https://goo.gl/maps/Ph9QtkkRaEDQCnQM7
Horario: de 10.00 a 13.00 h
Duración da actividade: 3 horas
Actividade: familiar
Idades: adultos e cativada a partir de 10 anos
Prazas: 25 persoas
Imparte: Anias, formación e xestión sociocultural
Material: caderno, lapis ou bolígrafo para anotacións, roupa adecuada en función do clima e o terreo e ganas de pasalo ben.
Preinscrición
A través dos formularios online o luns anterior ao desenvolvemento cada actividade por rigorosa orde de chegada. Unha vez enviado o formulario recibirá un correo-e de recepción da preinscrición e, comprobados todos os datos, outro de confirmación de asistencia.
Actividade gratuíta: prégase compromiso coa asistencia; se finalmente non puidese asistir, agradecemos que avise con antelación para poder ofrecer a praza a outra neno ou nena interesada.