Contacontos e creación de personaxes con elementos naturais.
Realizaremos un contacontos onde relataremos unha historia sobre ecoloxía e coidado do medio e despois da historia, crearemos ilustracións de seres máxicos empregando elementos naturais de forma sostible. Para crealos faremos un pequeno percorrido para encher as nosas “cestas de natureza” de todos aqueles elementos que poidan resultar interesantes para a creación das personaxes: follas, ramas, pedras, paus…
- Data: domingo 15 de xuño
- Lugar: A Fracha
- Punto de encontro: Enlace ao punto de encontro
- Horario: de 17.30 a 18.30 h
- Duración da actividade: 1 horas
- Actividade: familiar, cativada a partir de 4 anos
- Prazas: 25 participantes
- Imparte: Leucoíña pasea
- Recomendación: levar manta, toalla… para sentar no chan.
- Preinscrición: a través dos formularios online o luns anterior ao desenvolvemento cada actividade por rigorosa orde de chegada. Unha vez enviado o formulario recibirá un correo-e de recepción da preinscrición e, comprobados todos os datos, outro de confirmación de asistencia.
- Actividade gratuíta: prégase compromiso coa asistencia; se finalmente non puidese asistir, agradecemos que avise con antelación para poder ofrecer a praza a outra persoa interesada.