
A Concellaría de Igualdade e o CIM organizan o faladoiro “Puntadas contra as violencias”, un encontro coas creadoras Lúa Mosquetera e Maritza Berttolini, moderado pola xornalista Susana Pedreira.
Será un espazo para conversar, compartir e reflexionar arredor das violencias machistas, co bordado como fío condutor e ferramenta de expresión, creación e resistencia.
Queremos que ti tamén formes parte deste encontro. Por iso, se bordas e tes un proxecto entre mans, tráeo contigo! Anímate a vir co teu labor, coller agulla e fío e seguir creando mentres escoitas a conversa.
Porque tamén podemos tecer redes, compartir experiencias e construír reflexións puntada a puntada.
Se non bordas, contamos contigo tamén, por suposto.
Cómpre realizar inscrición previa.
Faladoiro: “Puntadas contra as violencias”
Día: 20 de novembro
Hora: 19.00 h
Lugar: Edificio Maruxa Mallo (antigo conservatorio), rúa de Afonso XIII, 7. Pontevedra
Confirmarémosche a praza na mañá do venres 20 de novembro. Non esquezas consultar o teu spam! Grazas
Solicitude de participación
"*" Indica os campos obrigatorios