Non deixes de ser un neno ou unha nena.
Hoxe todos os xoguetes se mercan, feitos moitas veces de xeito industrial e con materiais pouco naturais. Esquecemos que antes eses xoguetes eran moitas veces fabricados pola cativada. Aprenderemos a fabricar os nosos propios xoguetes, feitos con materiais sacados da natureza ou con material de reciclaxe.
- Data: sábado 21 de xuño
- Lugar: O Pontillón do Castro
- Punto de encontro: Enlace ao punto de encontro
- Horario: de 17.00 a 19.00 h
- Duración da actividade: 2 horas
- Actividade: familiar
- Idades: adultos e cativada a partir de 6 anos
- Prazas: 20 persoas
- Imparte: Corticata
- Recomendación: roupa e calzado adecuado, gorro, protección solar, auga, comida ou merenda se o precisa.
- Preinscrición: a través dos formularios online o luns anterior ao desenvolvemento cada actividade por rigorosa orde de chegada. Unha vez enviado o formulario recibirá un correo-e de recepción da preinscrición e, comprobados todos os datos, outro de confirmación de asistencia.
- Actividade gratuíta: prégase compromiso coa asistencia; se finalmente non puidese asistir, agradecemos que avise con antelación para poder ofrecer a praza a outra persoa interesada.