OS XOGUETES DE SEMPRE. NON DEIXES DE SER UN NENO OU UNHA NENA

Hoxe todos os xoguetes se mercan, feitos moitas veces de xeito industrial e con materiais pouco naturais. Esquecemos que antes eses xoguetes eran moitas veces fabricados pola cativada. Aprenderemos a fabricar os nosos propios xoguetes, feitos con materiais sacados da natureza ou con material de reciclaxe.

Data: Domingo 7 de xuño
Lugar: O Pontillón do Castro
Punto de encontro: https://maps.app.goo.gl/d7cQfhBELzRwh6nU9
Horario: de 11.00 a 13.00 h
Duración da actividade: 2 horas
Actividade: familiar
Idades: adultos e cativada a partir de 6 anos
Prazas: 20 persoas
Imparte: Corticata

Recomendación

Roupa e calzado adecuado, gorro, protección solar, auga, comida ou merenda se o precisa.

Preinscrición

A través dos formularios online o luns anterior ao desenvolvemento cada actividade por rigorosa orde de chegada. Unha vez enviado o formulario recibirá un correo-e de recepción da preinscrición e, comprobados todos os datos, outro de confirmación de asistencia.

Actividade gratuíta: prégase compromiso coa asistencia; se finalmente non puidese asistir, agradecemos que avise con antelación para poder ofrecer a praza a outra persoa interesada.

Formulario de inscrición

Este formulario xa está pechado. Rematou o prazo de solicitude.