(desde 10 anos)
Orientarémonos no ceo con telescopios e prismáticos dende un lugar con pouca contaminación lumínica para gozar da lúa, os meteoros das Perseidas , dun esplendoroso Saturno e doutros obxectos celestes do verán. Tamén recibiremos información para gozar con seguridade do eclipse solar que terá lugar o 12 de agosto.
PRAZAS: 40
IDADES: desde 10 anos (menores acompañadxs dunha persoa adulta)
DATA: 8 agosto
HORARIO: 22.00-01.00
LUGAR: miradoiro do río Verdugo en Aguasantas (Cotobade)
IMPARTE: agrupación astronómica Rías Baixas
AVISO: o desprazamento das persoas inscritas ata o lugar realizarase en autobús posto pola organización.
PRE_INSCRICIÓN: Cando se esgote o número máximo de solicitudes por actividade, o formulario pecharase e avisarase ás persoas admitidas para que formalicen a inscrición ou para o sorteo de prazas (no caso de ser necesario). Posteriormente xestionarase a lista de agarda de cada actividade
INSCRICIÓN: persoas admitidas e que entreguen a documentación que lle foi requirida. Terán un prazo de entrega tras o cal se confirmará a praza ou ben se perderá e pasaría á lista de agarda.
ACTIVIDADES DE BALDE: todas as actividades son GRATUITAS polo que pedimos o voso compromiso coa asistencia.
AVISO: no caso de non se cubriren as prazas, optarán persoas doutros concellos (preferencia concellos limítrofes) polo que realiza igualmente a túa pre-inscrición
INFORMACIÓN E SOLICITUDES: Oficina de Xuventude -Concello de Pontevedra ATENCIÓN PRESENCIAL: de luns a venres de 9.00 a 14.00 Casa da Luz pza da Verdura, s/n 1º andar tel. 986 100 185 ext.7491 e 7492 xuventude@pontevedra.gal