OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA “A VIDA DUNHA ESTRELA NUNHA NOITE” (18-35 anos)

Actividade de divulgación astronómica centrada na temática da evolución estelar. Observaremos estrelas e obxectos correspondentes a todas as etapas da vida dunha estrela.

A QUEN VAI DIRIXIDO: preferentemente á mocidade do municipio de Pontevedra. No caso de non se cubriren as prazas, optarán persoas doutros concellos (terán preferencia os concellos limítrofes) e doutras idades a través das correspondentes listaxes de agarda.

IDADES: 18-35 anos

DATA:  13 agosto

HORARIO:   22:00 – 01:00

LUGAR: exterior do Observatorio Astronómico de Cotobade. Traslado en autobús con saída ás 21:30 dende a parada de buses detrás da praza de Abastos.

PRAZAS: 18

IMPARTE:   Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra

PRE-INSCRICIÓN: a través dos formularios on line a partir do 15 de xuño. Tras a fase de pre-inscrición avisarase ás persoas admitidas para que formalicen inscrición.

INSCRICIÓN:  das persoas admitidas coa entrega da seguinte documentación: 

– Consentimento informado, autorización e copia DNI da persoa participante

CRITERIOS DE ASIGNACIÓN DE PRAZA: non primará a orde de solicitude, a organización procurará, na medida do posible, que cada neno ou nena, mozo ou moza, cando menos participe nalgunha das actividades que solicitou. De chegar o caso, e como último recurso, realizarase un sorteo.

ACTIVIDADES DE BALDE: todas as actividades son GRATUITAS polo que  pedimos o voso compromiso coa asistencia.

AVISO IMPORTANTE PARA TODAS AS ACTIVIDADES:  programación suxeita á evolución da situación sanitaria. As actividades poderán sufrir modificacións, así como incluso a súa cancelación.  

INFORMACIÓN E SOLICITUDES:

Oficina Municipal de Xuventude do Concello de Pontevedra

ATENCIÓN PRESENCIAL CON CITA PREVIA: de luns a venres de 9:00 a 14:00 

Casa da Luz, pza da Verdura, s/n, tel. 986 840367 xuventude@pontevedra.gal  

http://xuventude.pontevedra.gal 

https://apuntate.pontevedra.gal/xuventude

  • Datos persoais

  • Nados entre 2007-1990 inclusive
    A Oficina de Xuventude comprobará que a persoa participante está inscrita no Padrón de habitantes do Concello de Pontevedra
  • Aviso importante
    Unha vez enviado o formulario, recibirás un correo de confirmación.
    Se non recibes confirmación comproba a carpeta de spam ou chámanos ao número 986 840367 ou a xuventude@pontevedra.gal