
Xornada de coñecemento das aves a través da súa observación e escoita.
Percorreranse a un ritmo moi baixo os camiños do parque forestal para ir identificando sen ningunha présa todas as aves que se vaian detectando.
Data: sábado 13 de xuño
Lugar: O Pontillón do Castro
Punto de encontro: https://maps.app.goo.gl/d7cQfhBELzRwh6nU9
Horario: de 10.00 a 12.00 h
Duración da actividade: 2 horas
Actividade: familiar
Idades: sen límite de idade
Prazas: 20 persoas
Imparte: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso, biólogo
Preinscrición
A través dos formularios online o luns anterior ao desenvolvemento cada actividade por rigorosa orde de chegada. Unha vez enviado o formulario recibirá un correo-e de recepción da preinscrición e, comprobados todos os datos, outro de confirmación de asistencia.
Actividade gratuíta: prégase compromiso coa asistencia; se finalmente non puidese asistir, agradecemos que avise con antelación para poder ofrecer a praza a outra persoa interesada.