OBSERVACIÓN DE FLORA E FAUNA

RASTROS E PEGADAS

A presenza de fauna local no territorio é revelada a través das pegadas e rastros que deixan, excrementos, niños, tobos, rascaduras, revolcadeiros, pelos, plumas e outros sinais que nos ensinan moito acerca da súa distribución, comportamentos e preferencias. Aprenderemos a descubrilos e coa axuda de diverso material realizaremos algunas pegadas (moldes para levar como agasallo) da fauna que vive na contorna.

  • Data: domingo 15 de xuño
  • Lugar: A Fracha
  • Punto de encontro: Enlace ao punto de encontro
  • Horario: de 11.00 a 13.00 h
  • Duración da actividade: 2 horas
  • Actividade: familiar
  • Idades: adultos e cativada a 5 anos
  • Prazas: 20 persoas
  • Recomendación: levar roupa que se poda manchar
  • Imparte: Corticata
  • Recomendacións: roupa e calzado adecuado, gorro, protección solar, auga comida ou merenda se o precisa, prismáticos.
  • Preinscrición: a través dos formularios online o luns anterior ao desenvolvemento cada actividade por rigorosa orde de chegada. Unha vez enviado o formulario recibirá un correo-e de recepción da preinscrición e, comprobados todos os datos, outro de confirmación de asistencia.
  • Actividade gratuíta: prégase compromiso coa asistencia; se finalmente non puidese asistir, agradecemos que avise con antelación para poder ofrecer a praza a outra persoa interesada.

Solicitude de participación