Trátese dunha actividade de divulgación astronómica no exterior. A actividade estará composta por unha observación astronómica, empregando telescopios e simple vista, máis unha explicación do que se pode observar no ceo e unha explicación sobre os planetas e o sistema solar con maquetas.
- Data: venres 30 de maio
- Lugar: A Tomba
- Punto de encontro: Enlace o punto de encontro
- Horario: de 23.00 a 01.00 h
- Duración da actividade: 2 horas
- Actividade: familiar
- Idades: adultos e cativada a partir de 14 anos
- Prazas: 40 persoas
- Imparte: Asociación astronómica Sirio de Pontevedra
- Material: Non é preciso levar ningún material.
- Recomendación: acudir con roupa de abrigo.
- Preinscrición: a través dos formularios online o luns anterior ao desenvolvemento cada actividade por rigorosa orde de chegada. Unha vez enviado o formulario recibirá un correo-e de recepción da preinscrición e, comprobados todos os datos, outro de confirmación de asistencia.
- Actividade gratuíta: prégase compromiso coa asistencia; se finalmente non puidese asistir, agradecemos que avise con antelación para poder ofrecer a praza a outra persoa interesada.