(18-35 anos)
Veremos obxectos do ceo profundo a través do telescopio da cúpula do Observatorio, así como doutros que instalaremos no exterior para gozar do ceo a simple vista e tamén das Perseidas.
PRAZAS: 40
IDADES: 18-35 anos
DATA: 4 agosto
HORARIO: 22.30-00.30
LUGAR: exterior do observatorio astronómico de Cotobade
IMPARTE: Asociación Astronómica Sirio
AVISO: o desprazamento das persoas inscritas ata o lugar realizarase en autobús
PRE_INSCRICIÓN: a través deste formulario on line a partir do 1 de xuño. Tras esta fase de solicitudes, avisarase ás persoas admitidas para que formalicen a inscrición, ou de ser o caso, avisarase do correspondente sorteo de prazas (en caso de que fora necesario realizalo).
INSCRICIÓN das persoas admitidas coa entrega da seguinte documentación:
- Consentimento informado
- Autorización
- Copia DNI da persoa participante
ACTIVIDADES DE BALDE: todas as actividades son GRATUITAS polo que pedimos o voso compromiso coa asistencia.
AVISO: no caso de non se cubriren as prazas, optarán persoas doutros concellos (preferencia concellos limítrofes) polo que realiza igualmente a túa pre-inscrición
INFORMACIÓN E SOLICITUDES:
Oficina Municipal de Xuventude do Concello de Pontevedra
ATENCIÓN PRESENCIAL CON CITA PREVIA: de luns a venres de 9.00 a 14.00
Casa da Luz, pza da Verdura, s/n, tel. 986 840367 xuventude@pontevedra.gal
Formulario de inscrición
O formulario de SOLICITUDE abrirase a partir do 1 de xuño e ata cubrir o número máximo de solicitudes