(13-14 anos)
Obradoiro musical e audiovisual para composición e gravación de temas orixinais con letras e vídeos de temática social. Gravación de videoclips e creación de contidos en redes dende a propia actividade.
PRAZAS: 12
IDADES: 13-14 anos (nac 2012-2013)
DATAS: do 13 ao 17 xullo
HORARIO: 10.00 – 14.00
LUGAR: Local de Música
IMPARTE: Estudo Bonobo
PRE_INSCRICIÓN: Cando se esgote o número máximo de solicitudes por actividade, o formulario pecharase e avisarase ás persoas admitidas para que formalicen a inscrición ou para o sorteo de prazas (no caso de ser necesario). Posteriormente xestionarase a lista de agarda de cada actividade
INSCRICIÓN: persoas admitidas e que entreguen a documentación que lle foi requirida. Terán un prazo de entrega tras o cal se confirmará a praza ou ben se perderá e pasaría á lista de agarda.
ACTIVIDADES DE BALDE: todas as actividades son GRATUITAS polo que pedimos o voso compromiso coa asistencia.
AVISO: no caso de non se cubriren as prazas, optarán persoas doutros concellos (preferencia concellos limítrofes) polo que realiza igualmente a túa pre-inscrición
INFORMACIÓN E SOLICITUDES: Oficina de Xuventude -Concello de Pontevedra ATENCIÓN PRESENCIAL: de luns a venres de 9.00 a 14.00 Casa da Luz pza da Verdura, s/n 1º andar tel. 986 100 185 ext.7491 e 7492xuventude@pontevedra.gal