Obradoiro: Transplante e coidado das plantas

Neste obradoiro, as persoas participantes aprenderán a realizar o transplante correcto de plantas e os coidados necesarios para o seu desenvolvemento óptimo. Durante a actividade, practicarase a elección da maceta e o substrato axeitados, técnicas de manipulación en danar as raíces, rega correcta e coidados preventivos para manter as plantas sans e fortes.
Ao finalizar, cada persoa levará a súa planta transplantada lista para coidar na casa, fomentando a creatividade, a motricidade fina e o coñecemento práctico sobre o coidado das plantas.

Data: sábado 30 de maio
Lugar: Mercado Municipal de Pontevedra (rúa Serra 5). 1º andar
Horario: de 12.00 a 13.30 h
Duración da actividade: 1 hora e media
Dirixida a: persoas adultas e menores a partir de 15 anos
Prazas: 25
Imparte: Plántate, especialistas en plantas de interior

Preinscrición

A través dos formularios online sete días antes do desenvolvemento de cada actividade por rigorosa orde de chegada. Unha vez enviado o formulario recibirá un correo-e de recepción da preinscrición e, comprobados todos os datos, outro de confirmación de asistencia.

Actividade gratuíta: prégase compromiso coa asistencia; se finalmente non puidese asistir, agradecemos que avise con antelación para poder ofrecer a praza a outra persoa interesada.

Formulario de inscrición

Este formulario aínda non está dispoñible.