
Obradoiro creativo de impresión solar mediante pigmentos naturais e deseño de personaxes fantásticos mediante elementos naturais. O bosque como imaxinario, o sol como ferramenta. Descubrimos?
Data: Sábado 20 de xuño
Lugar: A Fracha
Punto de encontro: https://goo.gl/maps/Ph9QtkkRaEDQCnQM7
Horario: de 12.00 a 14.00 h
Duración da actividade: 2 horas
Actividade: familias (adultos e cativada a partir de 6 anos)
Prazas: 20 persoas
Imparte: Alexandra R. Rey da equipa Vaciocero
Material: Sentarémonos no chan, polo que recomendamos que as familias leven unha manta ou esteira (se hai algunha persoa con diversidade funcional pode levar unha cadeira ou calquera outra axuda técnica que precise).
Recomendación
Gorra, crema solar, auga e roupa e calzado cómodo.
Preinscrición
A través dos formularios online o luns anterior ao desenvolvemento cada actividade por rigorosa orde de chegada. Unha vez enviado o formulario recibirá un correo-e de recepción da preinscrición e, comprobados todos os datos, outro de confirmación de asistencia.
Actividade gratuíta: prégase compromiso coa asistencia; se finalmente non puidese asistir, agradecemos que avise con antelación para poder ofrecer a praza a outra persoa interesada.
Formulario de inscrición
"*" Indica os campos obrigatorios