A mitoloxía galega e a nosa natureza
Actividade didáctica nocturna sobre mitoloxía galega: charla e contacontos
Actividade lúdico-educativa na que achegaremos a mitoloxía galega ás familias cunha metodoloxía amena e didáctica.
A través de narracións, lendas, contos, dramatizacións e explicacións levadas a cabo no propio medio natural presentaremos os seres mitolóxicos vencellados á fauna fantástica que habita os nosos montes e a nosa natureza. Iremos na procura das serpes xigantes, dos alicornios, os biosbardos, os baseliscos, o Queixa, a Rampoña Negra e outros seres mitolóxicos da nosa cultura.
A sesión estruturase de xeito dinámico: intercalando contacontos, dramatizacións e dinámicas participativas coas explicacións ao redor dos mitos propios e específicos da nosa contorna, neste casos dos montes, os bosques e a nosa natureza.
Unha actividade interxeracional onde os valores, a cultura, os saberes e o fantástico daranse a man para crear un universo onde todo é posible.
- Data: venres 23 de maio
- Lugar: A Fracha
- Punto de encontro: https://goo.gl/maps/Ph9QtkkRaEDQCnQM7. Recomendamos subir polo Campiño.
- Horario: de 21.00 a 22.30 h
- Duración da actividade: 90 minutos
- Idades: familias (sen límite de idade)
- Prazas: 25 persoas
- Imparte: Ab Origine Antropoloxía: Rafael Quintía e Pili Silva
- Material: sentarémonos no chan, polo que recomendamos que as familias leven unha manta ou esteira (se hai algunha persoa con diversidade funcional pode levar unha cadeira ou calquera outra axuda técnica que precise)
- Recomendacións: roupa de abrigo
- Preinscrición: a través dos formularios online o luns anterior ao desenvolvemento cada actividade por rigorosa orde de chegada. Unha vez enviado o formulario recibirá un correo-e de recepción da preinscrición e, comprobados todos os datos, outro de confirmación de asistencia.
- Actividade gratuíta: prégase compromiso coa asistencia; se finalmente non puidese asistir, agradecemos que avise con antelación para poder ofrecer a praza a outra persoa interesada.