Na procura das mouras

Esta primavera estréase un programa para coñecer a nosa mitoloxía. Da man de Ab Origine e Polo Correo do Vento, a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra pon en marcha unha quenda de actividades nas que as familias con nenas e nenos de a partir de 3 anos poden coñecer as lendas das diferentes parroquias do concello. Aproveitando o noso patrimonio oral e fomentando o uso da lingua galega, desenvolveremos a creatividade e a imaxinación nunha actividade de aprendizaxe conxunto e interxeracional arredor da nosa herdanza cultural.

Cómpre levar auga, chapeu, protector solar e calzado e roupa axeitada para andar na natureza. Podedes levar unha mantiña ou esteira para sentardes no chan.

Todas actividades son de balde, mais cómpre inscribirse previamente porque as prazas son limitadas.

Para anular a inscrición a actividade cómpre escribir un correo a normalizacionlinguistica@pontevedra.eu

Na procura das mouras - cartel

Programa de actividades

O punto de encontro é no arboreto do parque forestal da Tomba. Hai aparcadoiro.
— De 10.30 h a 12.30 h

O punto de encontro é na carballeira da capela de san Roque.
— De 10.30 h a 12.30 h

O punto de encontro é no adro do mosteiro de Lérez.
— De 10.30 h a 12.30 h

O punto de encontro é na área recreativa do Regueiriño e espazo natural arqueolóxico dos Sete Camiños do Regueiriño.
— De 18.30 h a 20.30 h

O punto de encontro é na área do Outeiro Navío.
— De 10.30 h a 12.30 h

O punto de encontro é no adro da igrexa da Canicouva, na Cama do Santo.
— De 18.30 h a 20.30 h

O punto de encontro é na eira da Casa do Pobo de Cerponzóns.
— De 10.30 h a 12.30 h

O punto de encontro é no parque etnoarqueolóxico do Outeiro das Mouras.
— De 18.30 h a 20.30 h

O punto de encontro é no adro da Capela de san Cibrán.
— De 10.30 h a 12.30 h

O punto de encontro é no parque do miradoiro de Monte Porreiro.
— De 18.30 h a 20.30 h

O punto de encontro é na Insuíña ou illa de Medal.
— De 10.30 h a 12.30 h

O punto de encontro é no parque do Centro Cultural de Santa María de Xeve.
— De 18.30 h a 20.30 h

O punto de encontro é no parque forestal do Pontillón do Castro.
— De 10.30 h a 12.30 h

O punto de encontro é no muíño na senda urbana do río Gafos, no Gorgullón.
— De 10.30 h a 12.30 h

O punto de encontro é no adro da igrexa de Alba.
— De 10.30 h a 12.30 h

O punto de encontro é no adro de santa Mariña de Bora.
— De 10.30 h a 12.30 h

Máis información:
Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra
Enderezo electrónico: normalizacionlinguistica@pontevedra.eu
Teléfono: 986 863 157

Formulario de inscrición

  • (podedes aclarar o que queirades no cadro de observacións)
  • Indica as actividades por orde de preferencia

    No caso de non querer asistir a todas as propostas, podes deixalas en branco.
  • Aviso importante

    Unha vez enviado o formulario, recibirás un correo de confirmación.
    Se non recibes confirmación comproba a carpeta de spam ou chámanos ao número 986 863 157
  • Este campo es un campo de validación y debe quedar sin cambios.