MURAL ARTÍSTICO COLECTIVO “EDUARDO PONDAL” (12-35 anos)

Crearemos unha obra colaborativa por medio dun obradoiro de pintura mural. Un proceso artístico que lles faga sentir parte activa na renovación da cidade.  Tras unha primeira sesión de composición creando a idea no Estudio Matrioska, pasaremos o resto das xornadas levando o deseño colectivo á parede. 

A QUEN VAI DIRIXIDO: preferentemente á mocidade do municipio de Pontevedra. No caso de non se cubriren as prazas, optarán persoas doutros concellos (terán preferencia os concellos limítrofes) e doutras idades a través das correspondentes listaxes de agarda.

IDADES: 12-35 anos

DATAS: do 5 ao 9 de xullo 

HORARIO: 11:00-13:00

LUGAR: Estudio Matrioska e muro baixo a ponte da rúa Eduardo Pondal 

PRAZAS: 15

IMPARTE: Espacio Matrioska, colectivo artístico y de dinamización cultural

PRE-INSCRICIÓN: a través dos formularios on line a partir do 15 de xuño. Tras a fase de pre-inscrición avisarase ás persoas admitidas para que formalicen inscrición.

INSCRICIÓN:  das persoas admitidas coa entrega da seguinte documentación: 

– Consentimento informado, autorización e copia DNI da persoa participante

CRITERIOS DE ASIGNACIÓN DE PRAZA: non primará a orde de solicitude, a organización procurará, na medida do posible, que cada neno ou nena, mozo ou moza, cando menos participe nalgunha das actividades que solicitou. De chegar o caso, e como último recurso, realizarase un sorteo.

ACTIVIDADES DE BALDE: todas as actividades son GRATUITAS polo que  pedimos o voso compromiso coa asistencia.

AVISO IMPORTANTE PARA TODAS AS ACTIVIDADES:  programación suxeita á evolución da situación sanitaria. As actividades poderán sufrir modificacións, así como incluso a súa cancelación.  

INFORMACIÓN E SOLICITUDES:

Oficina Municipal de Xuventude do Concello de Pontevedra

ATENCIÓN PRESENCIAL CON CITA PREVIA: de luns a venres de 9:00 a 14:00 

Casa da Luz, pza da Verdura, s/n, tel. 986 840367 xuventude@pontevedra.gal  

https://xuventude.pontevedra.gal 

https://apuntate.pontevedra.gal/xuventude

O formulario de SOLICITUDE abrirase a partir do 15 de xuño e ata cubrir o número máximo de solicitudes