Minicampamento “Regreso á prehistoria. Regreso á natureza”

(11-14 anos)


Programación de lecer na natureza con pernocta. Tres días de estancia nunha contorna natural onde gozar dunha experiencia de inmersión aos modos de vida da prehistoria

PRAZAS: 14

IDADES: 11– 14 anos (nac 2012-2015)

DATA: do 1 ao 3 xullo

HORARIO: das 12.00 do 1 ata 18.00 do
3 xullo

LUGAR: Parque Etnoarqueolóxico do Outeiro das Mouras (Salcedo)

IMPARTE: AB Origine Antropoloxía

AVISO: alimentación omnívora e non apto para mobilidade reducida. Darase prioridade á rapazada que non participara nesta actividade nos anos anteriores.

PRE_INSCRICIÓN: Cando se esgote o número máximo de solicitudes por actividade, o formulario pecharase e avisarase ás persoas admitidas para que formalicen a inscrición ou para o sorteo de prazas (no caso de ser necesario). Posteriormente xestionarase a lista de agarda de cada actividade

INSCRICIÓN:  persoas admitidas e que entreguen a documentación que lle foi requirida. Terán un prazo de entrega tras o cal se confirmará a praza ou ben se perderá e pasaría á lista de agarda.

ACTIVIDADES DE BALDE: todas as actividades son GRATUITAS polo que  pedimos o voso compromiso coa asistencia.

AVISO: no caso de non se cubriren as prazas, optarán persoas doutros concellos (preferencia concellos limítrofes) polo que realiza igualmente a túa pre-inscrición

INFORMACIÓN E SOLICITUDES: Oficina de Xuventude -Concello de Pontevedra ATENCIÓN PRESENCIAL: de luns a venres de 9.00 a 14.00  Casa da Luz pza da Verdura, s/n 1º andar tel. 986 100 185 ext.7491 e 7492 xuventude@pontevedra.gal  

Formulario de inscrición