Coñeceremos o Mindset como filosofía de crecemento persoal e profesional, incorporando no noso día a día mentalidades abertas e apreciativas cara un mesmo/a e de cara ao mundo que nos rodea.
Activa a túa actitude Mindset, cando ti cambias, todo cambia. Aprende a fracasar. 5 claves Mindset
Prazas: 15
Idades: 15-35 anos (preferentemente)
Preferencia residentes no Concello de Pontevedra
Modalidade: presencial (on line se a situación de pandemia o require)
Duración: 8 horas. Dereito a diploma de asistencia
Datas: martes 4, 11 e 18 de maio
Horario: 15:45-19:45 (16:00-20:00 se finalmente se realiza en modalidade on line)
SOLICITUDES: tras o periodo de preinscrición, avisarase ás persoas admitidas para que formalicen inscrición coa achega de documentación (consentimento informado, autorización de menores de idade e fotocopia de DNI).
AVISO IMPORTANTE: programación suxeita á evolución da pandemia COVID-19. As actividades poderán sufrir modificacións/cancelación debido á situación sanitaria actual.
MÁIS INFORMACIÓN:
Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra (luns a venres de 9 a 14h)
Casa da Luz, pza da Verdura s/n, 1º andar, 986 840367 xuventude@pontevedra.gal
Atención presencial con cita previa.