MEMORIA DE ELEFANTA

banner MEMORIA de ELEFANTA Concello de Pontevedra
Destinado a rapazada de ESO e BACHARELATO

Un ano máis Artecalavera abre as portas de Estudo Bonobo, para acoller o programa de Memoria de Elefanta.

A idea para esta cuarta edición é a de participar na creación conxunta dun proxecto musical no que o alumnado seleccionado de todos os institutos da cidade únese para dar vida a unha canción na que a memoria histórica é o fío conductor da creación dun tema único, cos alumnos e alumnas interesadas na composición musical e escrita e na memoria histórica.

Unha vez máis o obxectivo da proposta é facer reflexionar á mocidade sobre a memoria histórica a través de obradoiros de creación colectiva motivando ao alumnado a participar nun proxecto innovador a través das artes escritas e da música.

O programa de Memoria Histórica para a mocidade do Concello de Pontevedra, MEMORIA DE ELEFANTA abre páxina dentro da súa programación para achegarse á creación musical e composición escrita da man de Artecalavera e Estudo Bonobo!

Achégate a coñecer as túas capacidades compositivas e…

  • Aprende a manexar controladores de software de composición musical.
  • Deseña e crea música cos teus compañeiros e compañeiras baseándote nos teus gustos e influencias musicais.
  • Crea unha letra de forma colectiva mostrando unha visión crítica da realidade que coñecemos a través do proxecto.
  • Publica o resultado para que todo o mundo coñeza o talento que temos na nosa cidade.

Poden verse as cancións e videoclips da 1ª, 2ª e 3ª edición nestas ligazóns:

1ª edición
https://youtu.be/Iikm1K8kUIM?feature=shared
2ª edición
https://youtu.be/8SageJ4QmJE?si=OIwNceBt-7bmIian
3ª edición
https://youtu.be/Z0ae-AmsPyI?si=XTVrjdauDWfKubNn

Non o dubides, participa e amosa a túa creatividade porque a música FAI MEMORIA!

Datas:
.- VENRES 2 de outubro (1h pola tarde).
.- SÁBADOS 3 e 17 de outubro (pola mañá).
.- SÁBADO 7 de novembro (todo o día).
Lugar: ESTUDO BONOBO
ACTIVIDADE GRATUITA

Bule! Que as prazas son limitadas!
Tes ata o 30 de setembro para anotarte!

Solicitude de participación

"*" Indica os campos obrigatorios

Paso 1 de 3 – Datos de contacto

Este campo es un campo de validación y debe quedar sin cambios.
Nome e apelidos*