REQUISITO: Formación de nivel 2: require ter curso de formación de mediadorxs en igualdade de anos anteriores, ou formación en xénero demostrable.
Contidos:
- As orixes do feminismo intercultural e feminismos racializados. Os feminismos negros, os feminismos poscoloniais e xitanos.
2. Ecofeminismos: aspectos teóricos e prácticos en España (AliciaPuleo, Yayo Herrero). O antiespecismo feminista. Loitas conectadas.
3. As teorías Queer: orixes e debates actuais. A diversidade de xénero en diferentes culturas.
4. Interseccionalidades diversas: Feminismos na saúde mental, feminismos contra a gordofobia, feminismos nas artes, etc.
5. Os coidados no centro do debate. As masculinidades diverxentes: da teoría ás prácticas dos grupos de masculinidades.
Prazas: 15 (mozas e mozos, mixto)
Idades: 16-35 anos (preferencia)
Preferencia: residentes no Concello de Pontevedra
Modalidade: presencial, mais se a situación de pandemia actual o require, pasará a formato on line a través de plataforma Zoom
Duración: 18 horas (dereito a certificado de asistencia)
Datas: os mércores 7, 14, 21, 28 abril, 5 e 12 de maio
Horario: 16:30-19:30
Lugar: Local de Música municipal
SOLICITUDES: tras o periodo de preinscrición, avisarase ás persoas admitidas para que formalicen inscrición coa achega de documentación (documento acreditativo formación previa, consentimento informado, autorización de menores de idade e fotocopia de DNI).
CRITERIOS DE ASIGNACIÓN DE PRAZA: non primará a orde de solicitude. Priorizaranse persoal mozas do concello de Pontevedra. Solicitudes de persoal doutras idades ou doutros concellos, pasarán á listaxe de agarda. Se finalmente quedan prazas vacantes, avisarase ás persoas da lista de agarda.
AVISO IMPORTANTE: programación suxeita á evolución da pandemia COVID-19. As actividades poderán sufrir modificacións/cancelación debido á situación sanitaria actual.
MÁIS INFORMACIÓN:
Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra (luns a venres de 9 a 14h)
Casa da Luz, pza da Verdura s/n, 1º andar, 986 840367 xuventude@pontevedra.gal
Atención presencial con cita previa.