
Data: Mércores 14 de xaneiro – 19:00
Lugar: Teatro Principal
Duración: 115 min
Esta sesión realízase en colaboración con Ambienta, a Mostra Internacional de Cinema LGTBIQ+ de Pontevedra.
7 nomeamentos aos Feroz deste ano para unha conmovedora película na que Jose Mari Goenaga e Aitor Arregi asinan unha profunda análise da vellez na comunidade LGTBIQ+, como é marxinada e os medos que a atenazan. O seu protagonista, José Ramón Soroiz, borda o seu papel e gañou o premio á Mellor interpretación protagonista no 73 Festival de San Sebastián.
Tras romper coa súa parella, Vicente (76 anos) leva a vida que realmente lle gusta en Maspalomas: o seu día a día pásao tombado ao sol, de festa e buscando o pracer. Un accidente inesperado obrígao a regresar a San Sebastián e reencontrarse coa súa filla, a quen abandonou anos atrás. Vicente terá que vivir nunha residencia onde se verá empurrado a volver ao armario e a ocultar unha parte de si mesmo que cría resolta. Nesta nova contorna, Vicente deberá preguntarse se aínda está a tempo de reconciliarse cos demais… e consigo mesmo.