Realización de xogos e actividades que se desenvolvan ao aire libre onde as familias colaboran, comparten e experimentan xuntas ao tempo que gozan dun entorno natural como son os parques forestais de Pontevedra como recurso de ocio saudable.
A través desta actividade os membros da familia relaciónanse co entorno de xeito lúdico á vez que estreitan os seus lazos afectivos e sociais.
Realizaremos un pequeno percorrido polo parque ao tempo que desenvolveremos un pequeno circuíto deportivo onde se combinarán os compoñentes físicos, cooperativos e lúdicos.
- Data: sábado 7 de xuño
- Lugar: O Pontillón do Castro
- Punto de encontro: https://maps.app.goo.gl/d7cQfhBELzRwh6nU9
- Horario: de 10.30 a 12.30 h
- Duración da actividade: 2 horas
- Actividade: familiar
- Idades: adultos e cativada a partir de 6 anos
- Prazas: 25 persoas
- Imparte: Anias, formación e xestión sociocultural
- Material: roupa adecuada en función do clima e o terreo e ganas de pasalo ben en familia.
Recomendacións:
- Preinscrición: a través dos formularios online o luns anterior ao desenvolvemento cada actividade por rigorosa orde de chegada. Unha vez enviado o formulario recibirá un correo-e de recepción da preinscrición e, comprobados todos os datos, outro de confirmación de asistencia.
- Actividade gratuíta: prégase compromiso coa asistencia; se finalmente non puidese asistir, agradecemos que avise con antelación para poder ofrecer a praza a outra neno ou nena interesada.