Xa o dicía a cantiga, Pontevedra é boa vila, dá de ler a quen pasa! (ou algo semellante)
E tamén dá de ler a quen nela vive. Non hai mellor modo de celebrar a lectura que xuntándonos a falar de libros. Por iso decicimos botar a andar unha serie de encontros lectores arredor da nosa cidade. Obras de escritores e escritoras de Pontevedra ou lecturas que teñan Pontevedra como escenario.
Faremos unha xuntanza ao mes, en distintos espazos da cidade para celebrar, debater e opinar co autor ou autora da obra. Tamén faremos roteiros e otras actividades senlleiras arredor dos libros e a lectura na nosa cidade.
Que facer para participar?
- Ler a obra seleccionada
- Inscribirse no encontro
VINDEIRAS LECTURAS:
MÉRCORES 18 DE NOVEMBRO, 19.00 h.
Encontro lector arredor da obra Quen escribirá a miña historia? (editorial Galaxia), coa presenza da autora Iria Morgade Valcárcel. A obra gañou o Premio Antón Losada Diéguez na categoría de creación literaria.
Lugar da actividade: Centro Internacional de Creatividade Maruxa Mallo
"*" Indica os campos obrigatorios
MÉRCORES 16 DE DECEMBRO, 19.00 h.
Encontro lector arredor da obra VÉMONOS MAÑÁ (editorial Xerais), coa presenza do autor Xosé Monteagudo, autor galardonado con premios coma o Blanco Amor, García Barros ou San Clemente.
Lugar da actividade: Centro Internacional de Creatividade Maruxa Mallo
"*" Indica os campos obrigatorios
E moitas máis no 2027…