
Desfrutar dunha actividade coa que conectar en familia, co natureza e cun mesmo, coñecendo ademais o espazo natural de A Tomba.
Dun xeito lúdico a cativada poderá gozar dos beneficios do ioga, coñecer as diferentes maneiras de mover o corpo, traballar a respiración e experimentar ferramentas que poidan utilizar no futuro á hora de xestionar as súas emocións.
Data: sábado 13 de xuño
Lugar: A Tomba
Punto de encontro: Punto de encontro 42°26’49.7″N 8°39’38.1″W. https://maps.app.goo.gl/ZM2NihRhJpztStGa6?g_st=ic
Horario: de 17.30 a 19.00 h
Duración da actividade: 1 hora e media
Actividade: familiar
Idades: adultos e cativada entre 3 anos e 12 anos (un neno ou nena por cada adulto)
Prazas: 25 persoas
Imparte: Myriam Viéitez Porto e Daniel Galiñanes Varela
Material: esteira e un coxín –opcional-
Recomendación
Levar auga e protección solar
Preinscrición
A través dos formularios online o luns anterior ao desenvolvemento cada actividade por rigorosa orde de chegada. Unha vez enviado o formulario recibirá un correo-e de recepción da preinscrición e, comprobados todos os datos, outro de confirmación de asistencia.
Actividade gratuíta: prégase compromiso coa asistencia; se finalmente non puidese asistir, agradecemos que avise con antelación para poder ofrecer a praza a outra persoa interesada.