cabeceira Apuntate, cor branco

Xornadas de interación social para persoas maiores

O 1 de Outubro celébrase o Día Internacional das Persoas Maiores para destacar o cambio demográfico que se está a producir na poboación e a necesidade de crear novas políticas e programas que beneficien ás persoas maiores. 

A Concellería de Benestar Social, xunto co Programa de Maiores (PUM) da UVIGO no Campus de Pontevedra da UVIGO; a UNED, dentro do seu programa UNED SENIOR, e o Espazo + 60 da Fundación ABANCA, formaron un equipo de traballo para programar os actos destas primeiras xornadas. Colaboran tamén, entidades sociais como a Asociación de familiares de enfermos/as de Alzheimer e outras demencias da provincia de Pontevedra (AFAPO); Asociación de Amigos/as do Camiño Portugués de Pontevedra e a Delegación de Pontevedra do Banco de Alimentos e Asociación INZAR, entidades adicadas a mellorar o seu benestar físico e emocional ou que contan cun elevado número de persoas maiores dentro do seu voluntariado social. 

Estas Primeiras Xornadas pretenden ser un punto de encontro para as persoas maiores da nosa cidade presentando, nesta ocasión, os programas que o mundo universitario e da nosa cidade ten a disposición así como un centro de referencia na actividade sociocomunitaria ofertadas a esta poboación. 

Actividade de balde.

Destinatarias/os: Estas I XORNADAS INTERACTIVAS DAS PERSOAS MAIORES está destinado á poboación maior de Pontevedra; alumnado dos programas universitarios de maiores da UVIGO e UNED e entidade sociais.

Os actos previstos son:

1) Sábado, 24 de setembro
  • PROXECCIÓN DO FILME “ARRUGAS” E DEBATE POSTERIOR.
  • Horario: 18.00 ás 19.45 horas
  • Lugar: Salón de Actos da Residencia de Maiores de Campolongo na Xunta de Galicia
2) Luns, 26 de setembro
  • O Campus camiña coas Persoas Maiores – Ven coñecer o PUM (Programa de Maio res da UVIGO)
  • Coñeces o funcionamento do Banco de Alimentos de Pontevedra?
  • Sabes que é un arboreto? Achégate con nós ao ARBORETO DO CAMPUS DE PONTEVEDRA
  • Horario: 17.00 19.30
  • Lugar: Salón de Actos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
3) Mércores, 28 de setembro
  • Ven coñecer a UNED SENIOR
  • Sabes que é ser “Hospitaleira/o”? Coñeces o Albergue do Camiño e a Asociación de Ami-gos/as do Camiño Portugués?
  • Conferencia: ENVELLECEMENTO ACTIVO
  • Pequeno ágape
  • Exhibición de baile
  • Horario: 17.00 – 20.00
  • Lugar: Salón de Actos da UNED Pontevedra (r/Portugal, 1. Monteporreiro)
4) Venres, 30 de setembro
  • Estás ao tanto do Espazo + 60?
  • Sabes quen son AFAPO? Coñeces cómo previr o Alzheimer?
  • Obradoiro: XOGA E ENTRENA O TEU CEREBRO
  • Horario: 10.30 – 13.00
  • Lugar: SALA LAXEIRO – ESPAZO + 60
5) Sábado, 1 de outubro: “día internacional das persoas maiores
  • Ven cantar con “MAIS CANTOS” e NELSON QUINTEIRO nun pasarrúas pola cidade con 40 cantareiras e cantareiros.
  • LECTURA DO MANIFESTO DAS PERSOAS MAIORES DE PONTEVEDRA na Praza da Verdura.
  • Horario: 11.00 – 13.00
  • Percorrido: Praza de Ourense – Praza da Peregrina – Praza de Curros Enríquez – Mer ca-do de Abastos e Praza da Verdura.

Solicitude de participación

Este formulario xa está pechado.