
Unha actividade refrescante e chea de diversión para gozar sobre a auga en familia. Subidos a unha táboa de paddle surf, aprenderedes a manter o equilibrio, remar e desprazarvos polo encoro dun xeito seguro e adaptado a todos os niveis. Ao longo do percorrido, poderedes descubrir a contorna natural desde unha perspectiva diferente, relaxarvos e mesmo xogar con pequenos retos sobre a táboa. O máis destacado é a combinación perfecta entre aventura suave, contacto coa auga e momentos compartidos, creando unha experiencia inesquecible.
Data: Domingo 31 de maio
Lugar: O Pontillón do Castro
Punto de encontro: https://maps.app.goo.gl/d7cQfhBELzRwh6nU9
Horario: de 10.00 a 11.30 h
Horario: de 12.00 a 13.30 h
Duración da actividade: 1 hora e media por cada quenda
Actividade: familiar
Idades: persoas adultas e cativada a partir de 8 anos
Prazas: 20 persoas en cada quenda
Imparte: Anias, formación e xestión sociocultural
Recomendación
Roupa e calzado adecuado para a actividade (roupa para cambiarse), gorro, protección solar, comida ou merenda se o precisa, auga.
Preinscrición
A través dos formularios online por rigorosa orde de chegada. Unha vez enviado o formulario recibirá un correo-e de recepción da preinscrición e, comprobados todos os datos, outro de confirmación de asistencia.
Actividade gratuíta: prégase compromiso coa asistencia; se finalmente non puidese asistir, agradecemos que avise con antelación para poder ofrecer a praza a outra persoa interesada.