
Trátase dunha actividade que se pode realizar en familia e que consiste nunha pequena travesía en caiacs no encoro do Pontillón do Castro. Previo á realización da travesía, incidiremos nas medidas de seguridade e nunha pequena iniciación á actividade.
Data: domingo 21 de xuño
Lugar: O Pontillón do Castro
Punto de encontro: https://maps.app.goo.gl/d7cQfhBELzRwh6nU9
Horario: de 10.30 a 11.30 h
Horario: de 12.00 a 13.00 h
Duración da actividade: 1 hora
Actividade: familiar
Idades: adultos e cativada a partir de 6 anos
Prazas: 40 persoas (20 persoas por quenda)
Imparte: Anias, formación e xestión sociocultural
Recomendación
Roupa e calzado adecuado para a actividade (roupa para cambiarse), gorro, protección solar, comida ou merenda se o precisa, auga.
Preinscrición
A través dos formularios online o luns anterior ao desenvolvemento cada actividade por rigorosa orde de chegada. Unha vez enviado o formulario recibirá un correo-e de recepción da preinscrición e, comprobados todos os datos, outro de confirmación de asistencia.
Actividade gratuíta: prégase compromiso coa asistencia; se finalmente non puidese asistir, agradecemos que avise con antelación para poder ofrecer a praza a outra persoa interesada.