(15-30 anos)
Coñece os conceptos clave desta tecnoloxía e aprende a crear prompts para interactuar coa IA
PRAZAS: 18
IDADES: 15-30 anos
DATAS: martes-mércores e xoves do 4 ao 27 agosto
HORARIO: 12.00 – 13.30
LUGAR: Casa Azul, 1º – aula de informática
IMPARTE: aula municipal de informática
PRE_INSCRICIÓN: Cando se esgote o número máximo de solicitudes por actividade, o formulario pecharase e avisarase ás persoas admitidas para que formalicen a inscrición ou para o sorteo de prazas (no caso de ser necesario). Posteriormente xestionarase a lista de agarda de cada actividade
INSCRICIÓN: persoas admitidas e que entreguen a documentación que lle foi requirida. Terán un prazo de entrega tras o cal se confirmará a praza ou ben se perderá e pasaría á lista de agarda.
ACTIVIDADES DE BALDE: todas as actividades son GRATUITAS polo que pedimos o voso compromiso coa asistencia.
AVISO: no caso de non se cubriren as prazas, optarán persoas doutros concellos (preferencia concellos limítrofes) polo que realiza igualmente a túa pre-inscrición
INFORMACIÓN E SOLICITUDES: Oficina de Xuventude -Concello de Pontevedra ATENCIÓN PRESENCIAL: de luns a venres de 9.00 a 14.00 Casa da Luz pza da Verdura, s/n 1º andar tel. 986 100 185 ext.7491 e 7492 xuventude@pontevedra.gal