Curso de Historia da Teoría e activismo feminista

  • Datos persoais

  • Prioridade mozas e mozos de 16 a 35 anos
  • Prioridade mozas e mozos do concello de Pontevedra
    A Oficina de Xuventude comprobará que a persoa participante está inscrita no Padrón de habitantes do Concello de Pontevedra
  • Aviso importante
    Unha vez enviado o formulario, recibirás un correo de confirmación.
    Se non recibes confirmación comproba a carpeta de spam ou chámanos ao número 986 840367 ou a xuventude@pontevedra.gal

Contidos:  

Reconstrución retrospectiva e cronolóxica do feminismo como tradición intelectual e movemento social. Trátase de explicar 3 séculos de historia do feminismo e dos diferentes feminismos a grandes trazos para poder ter unha visión global da nosa xenealoxía.

1ª sesión: Século XVIII: Ilustración e Modernidade

2ª sesión: Século XIX: movemento sufraxista e conquista de dereitos civís e políticos

3ª sesión: Século XX: feminismo socialista/feminismo marxista. O feminismo existencialista de Simone de Beauvoir

4ª sesión: feminismo liberal de Betty Friedan. Feminismo radical dos´70. A política sexual de Kate Millet.

5ª sesión: feminismos da diferenza. Anos ´80. Teoría Queer

6ª sesión: Historia do feminismo Galego. Axenda propia

Prazas: 15 (mozas e mozos, mixto)

Idades: 16-35 anos (preferencia)

Preferencia residentes no Concello de Pontevedra

Modalidade: presencial, mais se a situación de pandemia actual o require, pasará a formato on line a través de plataforma Zoom.

Duración: 15 horas (dereito a certificado de asistencia)

Datas: os martes 16, 23 marzo, 6, 13, 20 e 27 abril

Horario: 17:00-19:30

Lugar: Local de Música municipal

SOLICITUDES:  tras o periodo de preinscrición, avisarase ás persoas admitidas para que formalicen inscrición coa achega de documentación (consentimento informado, autorización de menores de idade e fotocopia de DNI).

CRITERIOS DE ASIGNACIÓN DE PRAZA: non primará a orde de solicitude. Priorizaranse persoas mozas do concello de Pontevedra. Solicitudes de persoal doutras idades ou doutros concellos, pasarán á listaxe de agarda. Se finalmente quedan prazas vacantes, avisarase ás persoas da lista de agarda.

AVISO IMPORTANTE: programación suxeita á evolución da pandemia COVID-19. As actividades poderán sufrir modificacións/cancelación debido á situación sanitaria actual.

MÁIS INFORMACIÓN:

Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra (luns a venres de 9 a 14h)

Casa da Luz, pza da Verdura s/n, 1º andar, 986 840367 xuventude@pontevedra.gal

Atención presencial con cita previa.