Formación Gastro

O Concello de Pontevedra presenta Formación Gastro, o novo plan de capacitación gratuíta para profesionais da hostalaría, restauración e turismo no marco de Pontevedra Capital Gastro. A iniciativa busca reforzar as competencias do sector e apoiar ás persoas que contribúen a consolidar Pontevedra como un destino sostible e de referencia. O programa está financiado polos fondos NextGenerationEU e enmárcase no Plan de Sustentabilidade Turística en Destino

O plan formativo abrangue máis de vinte cursos que se desenvolverán entre decembro de 2025 e abril de 2026, cunha combinación de formación presencial e en liña pensada para profesionais en activo.

Os cursos presenciais inclúen temáticas como cultura e gastronomía galega, vendas e recomendación gastronómica, barismo e coctelería moderna, manipulación e aproveitamento alimentario, cociña con produto local e de tempada ou innovación gastronómica.

Na modalidade en liña, ofreceranse ata dezaseis cursos centrados en áreas como protocolo e comunicación, xestión hostaleira, intelixencia artificial turística, reputación en liña, automatización de procesos, márketing gastronómico, promoción dixital, analítica de negocio, turismo intelixente ou idiomas aplicados á gastronomía e ao turismo. Cada acción formativa combinará contidos teóricos e prácticos, demostracións en vivo, exercicios aplicados e materiais de apoio. Ao finalizar, as persoas participantes recibirán un certificado oficial avalado polas entidades organizadoras.

Inscrición Formación Gastro

"*" Indica os campos obrigatorios

Este campo es un campo de validación y debe quedar sin cambios.

Datos persoais

Nome e apelidos*

Datos demográficos

Proxecto / actividade profesional

Formación

Como prefires realizar o curso?*
Formacións en liña
Selecciona a formación ou módulo no que desexas participar
Formacións presenciais
Selecciona a formación ou módulo no que desexas participar

Declaracións

Material gráfico*
Política de Privacidade*