
Concurso de Curtametraxes do Festival de Cine Gastronómico no Mercado de Abastos de Pontevedra.
A actividade desenvolverase ao longo do Festival de Cine Gastronómico, que terá lugar os días 9 e 16 de maio, cunha programación de proxeccións organizadas por bloques temáticos. A xornada final incluirá a selección e recoñecemento dos curtametraxes gañadores, así como varios accésits.
O concurso está dirixido a estudantes de formación profesional, universidades e escolas vinculadas ao ámbito audiovisual, así como a profesionais, emprendedores, empresas do sector gastronómico e persoas afeccionadas que desexen participar cunha peza audiovisual relacionada coa gastronomía.
A selección basearase en criterios de creatividade, calidade narrativa e técnica, coherencia coa temática gastronómica, orixinalidade da proposta e capacidade para poñer en valor a cultura, o produto ou os oficios vinculados á gastronomía.
Formulario de Inscrición
"*" Indica os campos obrigatorios