OBRADOIRO DE NARRATIVA LITERARIA
Manuel Lourenzo González
Obxectivo
O obxectivo do obradoiro é vivir unha experiencia de creación literaria no campo da narrativa, que terá carácter individual mais tamén colectivo a partir dunha proposta argumental compartida. Ao tempo, aportaranse contidos teóricos, examinaranse algúns textos canónicos e comentaranse asuntos relacionados coa produción e a distribución da obra. Prevese a edición e impresión dos traballos realizados para a memoria das persoas participantes.
Desenvolvemento
Estabelécense catro sesións presenciais de dúas horas cada unha, ás que hai que engadir o traballo a realizar cadaquén na súa casa.
Lugar: O Pazo da Cultura de Pontevedra.
Días:
xoves 12 de marzo
xoves 26 de marzo
xoves 16 de abril
xoves 30 de abril
Horario: de 18.30 a 20.30 horas.
O grupo constará dun máximo de 15 participantes, segundo a orde de inscrición.
CONTIDOS DETALLADOS:
1ª sesión - xoves 12 de marzo
Achegamento á narración literaria. Principais elementos.
Lectura colectiva dun relato breve clásico.
Interpretación crítica.
Análise pormenorizada dos seus elementos.
Posíbeis alteracións e cambios que resultarían.
Proposta dun argumento para desenvolver individualmente nas seguintes sesións e plan de traballo.
*TRABALLO PARA DESENVOLVER NA CASA:
Idear un relato propio en función do argumento proposto e poñer a idea por escrito, diferenciando explicitamente a previsión dos diversos elementos: trama, personaxes, espazo, tempo, estrutura, xénero…
2ª sesión - xoves 26 de marzo
Exposición oral por parte de cada participante do traballo feito na casa, explicando a trama creada e bosquexando os seus elementos.
Comentario para cada un/unha e propostas de mellora.
No tempo sobrante, comentarios xerais sobre narrativa literaria e consellos, lectura doutras narracións breves, intercambio de opinións…
*TRABALLO PARA DESENVOLVER NA CASA:
Realizar un primeiro desenvolvemento da idea tendo como base o bosquexo anterior; non ten que ser un relato acabado, só un borrador desenvolvido.
3ª sesión - xoves 16 de abril
Lectura e comentario de cada un dos relatos bosquexados.
De novo, ideas para unha revisión a fondo e novas propostas.
No tempo sobrante, continuar cos comentarios xerais sobre narrativa literaria e consellos, lectura doutras narracións breves, intercambio de opinións…
*TRABALLO PARA DESENVOLVER NA CASA:
Acometer a redacción completa e coidada da obra.
4ª sesión - xoves 30 de abril
Lectura de cada peza e últimos comentarios e propostas.
Explicación dos pasos a dar de cara á revisión definitiva dos relatos.
Comentarios sobre a edición e ilustración, as editoriais, concursos, difusión…
*TRABALLO PARA DESENVOLVER NA CASA:
Continuar coas revisións ata unha data que sinalaremos, logo envío por correo electrónico e agardar noticias para unha reunión despois do verán na que se entregarán as obras editadas e impresas.
IMPORTANTE
DATOS QUE PRECISAMOS:
"*" Indica os campos obrigatorios