Obradoiro de teatro para estudantes de 14 a 17 anos
Que é?
Escenarios da Lingua é un obradoiro de teatro que ten como obxectivo dinamizar o uso da lingua galega entre o estudantado de 14 a 17 anos.
Cando e onde?
Os ensaios realizaranse os martes no Pazo da Cultura, de 18.00 a 19.30 h. A data prevista para o comezo da actividade é o martes 24 de novembro e terá continuidade desde o vindeiro ano para conectar o obradoiro coa entrega dos premios Ben Veñas, Maio.
Cantas prazas hai?
O grupo é de 12 persoas como máximo. Cando recibamos a túa inscrición, poñerémonos en contacto contigo para indicarche se tes praza.
Quen o imparte?
LaGriot’te, compañía de teatro galego-andaluza nacida en Londres e formada por Nazan L. Bamio (produtor e director de escena) e Sandra Gade (actriz e directora de movemento). Xuntos desenvolven proxectos de produción teatral, ensino, pedagoxía e creación artística.
Como me inscribo?
Neste formulario
Máis información
Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra
Teléfono: 986 863 157
normalizacionlinguistica@pontevedra.eu
Inscrición
"*" Indica os campos obrigatorios
