
Pon a proba o teu enxeño baixo o ceo aberto! Desconecta das pantallas e vive unha aventura real onde a natureza é o teu único mapa e o tempo corre na túa contra. Reúne o teu equipo, descifra os misterios ocultos no bosque e escapa da rutina dunha forma totalmente única.
Actividade innovadora de educación ambiental en formato familiar, baseada nunha dinámica de investigación a través de pistas e rastros no medio natural.
Data: Sábado 30 de maio
Lugar: A Tomba
Punto de encontro: 42°26’49.7″N 8°39’38.1″W. https://maps.app.goo.gl/zGMPJpMsQ9qGfHD58
Horario: de 10.00 a 13.00 h
Duración da actividade: 3 horas
Actividade: familiar
Idades: persoas adultas e cativada a partir de 6 anos
Prazas: 30 persoas
Imparte: Anias, formación e xestión sociocultural
Recomendación
Roupa adecuada en función do clima e o terreo e ganas de pasalo ben en familia.
Preinscrición
A través dos formularios online por rigorosa orde de chegada. Unha vez enviado o formulario recibirá un correo-e de recepción da preinscrición e, comprobados todos os datos, outro de confirmación de asistencia.
Actividade gratuíta: prégase compromiso coa asistencia; se finalmente non puidese asistir, agradecemos que avise con antelación para poder ofrecer a praza a outra persoa interesada.