
Unha enquisa cidadá online permitirá que os pontevedreses decidan a quen renderá tributo a escultura que se instalará no parque de Pasarón trala súa remodelación
O concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, promove unha sondaxe a través da páxina web do Concello na que os pontevedreses poderán determinar a que figura histórica do Pontevedra CF ou personalidade destacada na traxectoria do club se dedicará a peza escultórica.
Nalgún lugar do espazo verde instalarase unha estatua en homenaxe a algunha figura histórica das que fixeron grande ao Pontevedra nos seus mellores momentos.
Queremos que nos axudes a decidir a quen dedicamos a estatua.
Enviar proposta
"*" indica os campos obrigatorios
A ter en conta:
- Só se pode facer unha votación por persoa.
- As contas de correo falsas non se terán en conta.